Novas

Santo Cristo 2018

Presentamos o Santo Cristo de Laza 2018, que terá lugar no pobo de Laza entre os días 27 e 29 de abril, aproveitando a ponte do primeiro de maio.

PROGRAMA DE FESTEXOS

Venres, 27 de abril, 23:00 horas, saída a buscar o Maio, con chocolate quente ó regreso.

Sábado, 28 de abril, 16:00 horas, Levantamento do Maio 21:00 horas, Cea Popular con “Porco ó Espeto” no pavillón polideportivo e posterior verbena co GRUPO MUSICAL D ‘ MOMENTO

Domingo, 29 de abril, 12:00 horas, SAÍDA DA EVA, xunto cos Danzantes, o Adán, o Abreham, o Isaac, o Anxo e o Ramo co Galo, e toda a procesión na Praza da Picota.

Representacion do Sacrificio do Isaac.

Danzas co grupo de Gaitas de Laza e Loita do Mouro e o Cristián.

Misa Solemne coa actuación do Coro de Laza.

Pasarúas mañá e tarde coa Charanga Europa.

18:00 horas, BAILE DA EVA, co Adán e os Danzantes.

Música en sesión de tarde coa ORQUESTRA OLYMPUS

0
  Artigos relacionados
  • No related posts found.