Novas

Premio “enLAZAdo do ano” 2018 – Silvia Pazos

Un ano máis, e como recoñecemento e posta en valor dos méritos obtidos neste último período anual 2017-2018, a Asociación Cultural enLAZAdos, tivo o pracer de adxudicar o premio “enLAZAdo do ano”Silvia Pazos Hermida.

Esta xove escritora, licenciada en Historia do Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, ven de publicar un novo libro infantil, baixo o título “Amaro sin Mar”, que correspondería coa súa terceira obra en solitario. Unha publicación, na que Silvia tivo que recurrir ao crowdfunding ou micromercenazgo, para que chegara a ver a luz. A parte de disfrutar da aventura do personaxe Amaro, o lector disfrutará das ilustracións que a colaboradora Cristina Nogales pintou ó longo do libro.

Entre outros traballos de Silvia, atópanse uns contos infantís en galego: “O conto dos silencios” (Baía Edicións) e “A carreira de sacos” (Edicións Xerais). Alén das súas propias publicacións, Silvia tamén fixo colaboracións con outros autores, así como unha colaboración nunha curtametraxe de dibuxos animados. Todos eles, dirixidos a un lector infantil-xuvenil.

Nos seus piniños no mundo audiovisual, colaborou como co-guionista na curta de animación 3D, baixo o título “O Pintor de Ceos”, gañador de numerosos galardóns nacionais e internacionais.

Noraboa, Silvia!

0
  Artigos relacionados
  • No related posts found.