Novas

CONCURSO – Cartel Promocional Entroido 2019

BASES DO CONCURSO

 

I. TEMA:

Entroido de Laza

II. PARTICIPACIÓN:

A participación neste concurso está aberta exclusivamente a os vecinos do Concello de Laza ou a aquelas persoas que teñan orixen no Concello, ben sexa por nacemento ou ancestros, podendo presentar un máximo de 2 obras, sendo condición indispensable, que esas obras sexan inéditas. En caso de dúbida, consultar previamente en acenlazados@gmail.com.

 

III. TEXTO E FORMATO:

A obra deberá incluir o seguinte texto:

ENTROIDO DE LAZA 2019

28 feb, 1, 2, 3, 4, 5 marzo

Plantilla base:

Todos aqueles que o necesiten, aquí tedes as plantillas base:

BASES PARA IMPRIMIR

IV. PRESENTACIÓN E ENTREGA:

O tamaño do orixinal será de 63 x 43 cm.

Por correo electrónico, enviando un arquivo jpg, con calidade de impresión a 300 ppp, a un tamaño real de 63×43 cm, ao seguinte correo: acenlazados@gmail.com. Todos os correos serán contestados á súa recepción. Si en tres días non tiveches resposta, é posible que houbera algún erro, polo que debes poñerte en contacto novamente. No texto do correo, indicarase:

  • Nome e apelidos.
  • Pobo
  • Nº de Tlf. de contacto.
  • Lema ou pseudónimo.

A data límite de presentación, será o 30 de Novembro.

V. TÉCNICA

Os carteles diseñados con ordenador, en caso de resultar gañadores, o autor deberá aportar o correspondente soporte e formato dixital que lle sexa requerido. Suxerimos, que o cartel sexa conservado en .psd ou calquera outro formato que acepte capas por si, nun momento dado, fora necesario facer alguna pequena modificación de logos ou datas, sempre coa autorización do autor.

VI. PREMIO

Un premio de 100 € para o cartel gañador, que será a imaxe de promoción do Entroido de Laza 2019.

VII. XURADO

O xurado estará composto por os membros da Comisión do Entroido 2019 (actualmente formada por membros da Asociación Cultural enLAZAdos e outros que se puderan unir nos vindeiros meses).

O fallo do concurso farase o día de 1 de xaneiro de 2019, e a decisión do mesmo será inapelable, facéndose público nos medios de comunicación da asociación enLAZAdos: web, Facebook e twitter; así como calquera outro medio que dita Comisión así o considere. O concurso poderase declarar deserto en caso de non alcanzar os carteis presentados a calidade desexada.

VIII. EXPOSICIÓN

Os carteis presentados serán obxeto de exposición no Salón de actos do Concello de Laza entre os días 22 e 31 de decembro de 2018 (incluidos). O traballo gañador será a imaxen do Entroido de Laza 2019, e todos os carteis serán propiedade da Comisión do Entroido 2019, á cal seranlle cedidos unha vez se falle o concurso.

IX. REPRODUCCIÓN

A Comisión do Entroido 2019 poderá efectuar cantas reproduccións precise do cartel gañador ademáis de difundilo por os medios de publicidade que estime oportunos, sin que os seus autores podan reclamar dereitos ao respecto, ademáis de utilizar a imaxen completa ou parte dela para realizar material relacionado coa festa, como poden ser dípticos, camisetas, etc.

A Comisión do Entroido 2019 resérvase a posibilidade de realizar calquera modificación no cartel gañador, sempre que ésta non supoña alteración sustancial do mesmo.

X. ACEPTACIÓN

A participación neste concurso comporta a plena aceptación de estas bases.

0
  Artigos relacionados
  • No related posts found.