Novas

XOGUETES SOLIDARIOS 2018

COLABORA !

O vindeiro día 8 de decembro, sábado, dende as 17:00 horas ata as 18:00, membros desta Asociaciación permanecerán, na Praza da Picota de Laza,  recollendo “XOGUETES SOLIDARIOS” para todos aqueles nenos da provincia que se atopen en situación de necesidade. Achéganse datas nas que a solidaridade debe aflorar debémonos a obriga moral de intentar que os nenos máis desfavorecidos, podan celebrar tamén o seu Papá Noel ou os Reis Magos.

A Asociación Cultural enLAZAdos coa axuda de todos os veciños e voluntarios do Concello, intentaremos es estes moteros de gran corazón, lles acheguen eses xoguetes tan esperados por os nenos. Todos os xoguetes recollidos serán entregados á MOTEROS SOLIDARIOS GALICIA, xunto cos servicios sociais da provincia, serán os encargados de facerllos chegar para que teñan un Nadal feliz. Todos aqueles que por circunstancias non podan facer a entrega en Laza, poderán facelo nos puntos que Moteros Solidarios ten á súa disposición, e que figuran na imaxe do evento.

Calquera xoguetiño será benvido, sempre que se atope en condicións de poder ser utilizado e o seu dererioro non o impida.

MILLÓNS DE GRACIAS!

ESPERÁMOVOS NA PICOTA!

0
  Artigos relacionados
  • No related posts found.