Novas

Premio “enLAZAdo do ano” 2019 – MM.RR. “3 de Maio”, LAZA

CERTIFICADO DO PREMIO

INAUGURACIÓN SEDE SOCIAL

EXPOSICIÓN DE ARTESANÍA E PINTURA 2019

Alá polo ano 1993, botaba a camiñar a que hoxe é unha das asociacións máis antigas de Laza, a Asociación de Mulleres Rurais “3 de Maio”.

Unha asociación chea de inquedanzas e ilusión que iniciaba a súa andadura para darlle á muller rural, a labrega, oportunidades para formarse e participar nunhas iniciativas novas para todas elas. Cursos de formación en artesanía, pintura, excursións, etc, formarían parte do proceso de evolución desta asociación, poñendo en valor todas as experiencias.

Como loitadoras que son, no 2009 sacaron adiante o proxecto da sede social, restaurando a antiga casa familiar dos “Barcelonas”, os zapateiros de Laza, no barrio do Outeiro. Traballo feito a base de obradoiros que elas mesmas levaron a cabo, contando en ocasións, coa axuda de algún profesional da construcción. Desde entón, aquela casa é para elas un novo fogar, no que xurdirán novas ideas de presente e futuro.

Sempre tentaron de participar las actividades do pobo, colaborando e axudando na media das posibilidades e, asumindo nalgún caso, xa roles que inda perduran.

Por toda a súa laboura, traxectoria e ilusión, a Asociación Cultural enLAZAdos, quere así homenaxear a esta asociación de mulleres irmá, otorgándolle o premio “enLAZAdo do ano 2019”, agradecéndolle desta maneira o traballo que fixeron no pasado, fan no presente e esperemos, sigan facendo nun futuro.

GRACIAS A TODAS!

ENTREGA DO PREMIO

0
  Artigos relacionados
  • No related posts found.