Reunidos os Socios Fundadores da Asociación Cultural enLAZAdos, acordan que é necesario o recoñecemento dos méritos, triunfos e logros que os nosos veciños están conseguindo nos últimos anos, e que non están sendo recoñecidos na maneira que se merecen.

Por todo elo, e tendo en conta valores polos que esta asociación foi fundada,

queda constituido o PREMIO “enLAZAdo do ano”.

O Premio

O Premio “enLAZAdo do ano”, está destinado ao recoñecemento pola labor cultural, social, deportiva, humana ou de calquera outra índole realizada por persoas, grupos de persoas ou de institucions no pobo de Laza ou para aquel que O Xurado do Premio así o considere.

Categorías

O Premio “enLAZAdo do ano” constará de unha soa categoría.

O Galardón

O gañador do Premio “enLAZAdo do ano” será obsequiado con unha talla de madeira na que estará representado parte do símbolo da asociación e os seus valores, así como un Certificado/Diploma acreditativo.

O Xurado

O Xurado estará constituído polos Socios Fundadores da Asociación Cultural enLAZAdos, que proporán e elixirán ós candidatos de cada período anual.

HISTÓRICO DE PREMIADOS

2017

NOME:

ANTÍA

APELIDOS:

PÉREZ GARCÍA

MÉRITOS:

  • CAMPIONA DA COPA DE ESPAÑA 2017
  • CONVOCATORIA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FUTBOL SALA SUB17

2018

NOME:

SILVIA

APELIDOS:

PAZOS HERMIDA

MÉRITOS:

  • “AMARO SIN MAR”, PUBLICACIÓN RECENTE DUN LIBRO INFANTIL.
  • AUTORA E COLABORADORA DE OUTROS LIBROS E CONTOS, ADICADOS Á INFANCIA.

2019

EN FASE DE SELECCIÓN DOS CANDIDATOS

NOME:

ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS “3 DE MAIO” – LAZA

MÉRITOS:

Alá polo ano 1993, botaba a camiñar a que hoxe é unha das asociacións máis antigas de Laza, a Asociación de Mulleres Rurais “3 de Maio”.

Unha asociación chea de inquedanzas e ilusión que iniciaba a súa andadura para darlle á muller rural, a labrega, oportunidades para formarse e participar nunhas iniciativas novas para todas elas. Cursos de formación en artesanía, pintura, excursións, etc, formarían parte do proceso de evolución desta asociación, poñendo en valor todas as experiencias.

Como loitadoras que son, no 2009 sacaron adiante o proxecto da sede social, restaurando a antiga casa familiar dos “Barcelonas”, os zapateiros de Laza, no barrio do Outeiro. Traballo feito a base de obradoiros que elas mesmas levaron a cabo, contando en ocasións, coa axuda de algún profesional da construcción. Desde entón, aquela casa é para elas un novo fogar, no que xurdirán novas ideas de presente e futuro.

Sempre tentaron de participar las actividades do pobo, colaborando e axudando na media das posibilidades e, asumindo nalgún caso, xa roles que inda perduran.

Por toda a súa laboura, traxectoria e ilusión, a Asociación Cultural enLAZAdos, quere así homenaxear a esta asociación de mulleres irmá, otorgándolle o premio “enLAZAdo do ano 2019”, agradecéndolle desta maneira o traballo que fixeron no pasado, fan no presente e esperemos, sigan facendo nun futuro.